Receita: Montadiño de queixo de cabra

Ingredientes

  • 4 rebandadas de pan
  • Queixo de cabra en rulo
  • 50 g de fígado de pato
  • 1 noz
  • Marmelada de amoras
  • 1 cebola

Descrición

  1. Cortámo-la cebola en xuliana (tiras) e facémola á fogo baixo ata que acaramele.
  2. Montámo-la tapa pondo enriba do pan que torramos un chisco, unha cama de cebola, unha roda de queixo, máis un pouco de fígado de pato,  por riba de todo un chisco de marmelada e adornamos con un ¼ de noz.

Notas

• Para facer estas tapas tamén podemos empregar de base un pan estreito tipo “baguette”,que cortaremos un pouco á esgallo ou panciños pequenos que abriremos ó medio cun coitelo como para facer un bocadillo

Tempo: 15 minutos

Tapas: 4

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.

Receita: Bocadiño de Xamón e tomate

Ingredientes

  • 4 Panciños pequenos
  • 4 lascas de xamón
  • 1 tomate maduro
  • 1 dente de allo

Descrición

  1. Cortámo-lo tomate en rodas delgadas.
  2. Cortámolo pan ó longo, fregamos unha parte do pan cun pouco de allo e pomos entre pan e pan, primeiro 2 rodas de tomate e logo enriba 1 lasca de xamón, deixando que se vexa por fora o que vai dentro do pan.

Tempo: 10 minutos

Tapas: 4

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.

Receita: Bocadiño de Xamón e pemento de Padrón

Ingredientes

  • 4 Panciños pequenos
  • 4 lascas de xamón
  • 8 pementos de Padrón

Descrición

  1. Fritímo-los pementos en abundante aceite de oliva só unhas voltas para que lles ampole a pel e non queden moi fritidos.
  2. Cortámolo pan ó longo e pomos, entre pan e pan, unha lasca de xamón e 2-3 pementos de Padrón sen o rabo nin o carozo, deixando que se vexa por fora o que vai dentro do pan.

Notas

• Se non temos pementos de Padrón podemos empregar outra clase de pementos

• Podémolo presentar sobre o pan torrado sen tapalo espetado cun pauciño

Tempo: 10 minutos

Tapas: 4

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.

Receita: Tapa de polo con prebe de iogur y queixo.

Ingredientes

  • 1 peituga de polo

Para o adobo:

  • Pementa negra moída
  • 1/2 culleradiña de pemento picante
  • 1 culleradas de pemento doce
  • 1 culleradiña de ourego
  • Aceite de oliva
  • Sal

Para o prebe de iogur e queixo:

  • 75 g de iogur grego
  • 150 g de crema de queixo (de untar)
  • 1 cebola de ensalada
  • 2 culleradas de ceboliño picado.

Descrición

  1. Facémo-lo prebe de iogur e queixo: Picámo-la cebola moi miudiña e amolecémola nunha tixola cun chisco de aceite cando estea mol engadimos  o ceboliño  miudiño e deixámolo facer un chisco máis. Mesturámolo todo co iogur e a crema de queixo, afastamos do lume e reservamos.
  2. Cortámolas peitugas de polo en tiras.
  3. Nunha cunca engadimos todos os ingredientes do adobo e cubrímolos con aceite de oliva, mesturamos ben, engadimos as tiras de peituga e deixámolas en adobo ó menos 24 horas dentro da neveira ou 4 horas fora dela.
  4. Pasado o tempo de adobo, facémolas nunha tixola á prancha case sen aceite e logo espetámolas tiras de peituga nun espeto de pau facendo un “S”
  5. Para monta-la tapa, pomos o prebe no centro dun prato e os espetos co polo ó redor

Tempo: 15 minutos

Tapas: 6

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.

Receita: Tapa de ovo cocido e lagostino

Ingredientes

  • 2 ovos cocidos
  • 4 colas de lagostino cocido
  • Salsa rosa ou maionesa

Descrición

  1. Cortámo-los ovos pola metade ó longo, botámoslle por riba un pouco de salsa rosa e espetamos cun pauciño a cola dun lagostino.
  2. Outra maneira: Espetar o lagostino co pauciño en paralelo na punta do medio ovo, botarlle un chisco de maionesa por riba do ovo e esparexer, sobre el, ovo cocido pasado polo pasador.

Tempo: 15 minutos

Tapas: 4

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.

Receita: Pastel de escarapote

Ingredientes

  • 1 Kg. de escarapote
  • 1 porro
  • 1 cebola
  • 1 cenoria
  • 6 ovos
  • 150 g de nata líquida
  • 100 g de tomate fritido
  • Pementa branca
  • Manteiga e fariña
  • Sal

Descrición

  1. Cocémo-lo peixe durante 10 minutos cuberto con auga con sal xunto co porro, a cebola maila cenoria.
  2. Sacámo-lo peixe e tirámoslle a pel, limpámolo ben de arganas e esmiuzámolo. (Gardámo-lo caldo de cocelo peixe para empregalo para facer calquera outra receita)
  3. Batemos co batedoiro eléctrico os ovos, a nata, a salsa de tomate, a pementa branca mailo esmigallado do peixe. Probámolo de sal e se fai falla salgamos un chisco.
  4. Botámolo todo nun molde de pastelería alongado engraxado e enfariñado.
  5. Metémolo ó forno quente a 180ºC ó baño maría polo decurso de 90 minutos a media altura. Probamos se está feito uns minutos antes picando cunha agulla, se sae limpa xa está feito.
  6. Deixar arrefriar ben antes de sacalo do molde.

Notas

Escarapote s.m. Peixe mariño de rocha dunha familia á que pertencen distintas especies con espiñas na cabeza e outras provistas de glándulas velenosas na aleta dorsal. Os escarapotes presentan diversas cores segundo o fondo en que viven.No pais vasco chámano Kabracho

Tempo: 2 horas

Comensais: 4 persoas

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.

Receita: Tapa de pastel de escarapote

Ingredientes

Para monta-la tapa

  • 100 g de pastel de escarapote (1 rebandada)
  • 4 rebandadas de pan
  • 4 colas de lagostino cocido
  • Maionesa

Para face-lo pastel de escarapote

  • 1 Kg. de escarapote
  • 1 porro
  • 1 cebola
  • 1 cenoria
  • 6 ovos
  • 150 g de nata líquida
  • 100 g de tomate fritido
  • Pementa branca
  • Manteiga e fariña
  • Sal

Descricion

Para a tapa

  1. Enriba de cadansúa rebandada de pan ponse ¼ de pastel, 1 lagostino e adornase con maionesa.
  2. Tamén podemos pór, en troques do lagostino, ½ pemento de piquillo pasado pola tixola.
Para face-lo pastel
  1. . Cocémo-lo peixe durante 10 minutos cuberto con auga con sal xunto co porro, a cebola maila cenoria.
  2. Sacámo-lo peixe e tirámoslle a pel, limpámolo ben de arganas e esmiuzámolo. (Gardámo-lo caldo de cocelo peixe para empregalo para facer calquera outra receita)
  3. Batemos co batedoiro eléctrico os ovos, a nata, a salsa de tomate, a pementa branca mailo esmigallado do peixe. Probámolo de sal e se fai falla salgamos un chisco.
  4. Botámolo todo nun molde de pastelería alongado engraxado e enfariñado.
  5. Metémolo ó forno quente a 180ºC ó baño maría polo decurso de 90 minutos a media altura. Probamos se está feito uns minutos antes picando cunha agulla, se sae limpa xa está feito.
  6. Deixar arrefriar ben antes de sacalo do molde.

Notas

escarapote s.m. Peixe mariño de rocha dunha familia á que pertencen distintas especies con espiñas na cabeza e outras provistas de glándulas velenosas na aleta dorsal. Os escarapotes presentan diversas cores segundo o fondo en que viven.No pais vasco chámano Kabracho

Tempo: 2 horas (incluindo facelo pastel)

Tapas: 4

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.

Receita: Montadiño de pataca fritida e paté

Ingredientes

  • 1 pataca
  • 50 g de paté fígado de pato
  • 1 cebola mediana
  • Aceite
  • Sal

Descrición

  1. Pelámo-la pataca e coa axuda da mandolina facemos lascas que, despois de telas 1o minutos en auga, fritimos en abundante aceite ben quente. Se non temos mandolina facémo-las lascas cun coitelo.
  2. Cortámo-la cebola en xuliana (tiras) (tiras) e botámola nunha tixola con aceite; salgámola e engadímoslle un chisco de azucre. Deixámola amolecer a fogo baixo ata que colla cor e acaramele.
  3. Facémo-lo montadiño pondo unha pataca, enriba un pouco de paté logo outra pataca, máis paté e rematamos con outra pataca; por último adornamos coa cebola acaramelada

Tempo: 15 minutos

Tapas: 4

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.

Receita: Bocadiño de salmón e lagostino

Ingredientes

  • 4 rebandadas de pan torrado ou sen torrar
  • 4 lascas de salmón curado
  • 4 lagostinos
  • Pemento verde, cebola doce, cogombriños en vinagre
  • Maionesa

Descrición

  1. Pomos enriba de cada rebandada de pan unha lasca de salmón, un lagostino.
  2. Rematamos de 3 maneiras diferentes:

a)      Cun pouco de pemento, cebola e cogombriños picados miúdos e aliñamos con sal, aceite e vinagre.

b)      Con maionesa por riba do lagostino.

c)       Pondo enriba do lagostino un abanico feito ó partirmos un cogombriño ó longo en lascas delgadiñas pero sen terminar de cortar nun lado e despois de esmagalo co coitelo para que abra en abanico.

Tempo: 8 minutos

Tapas: 4

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.

Receita: Bocadiño de salmón con piquillo e anchoa

Ingredientes

  • 4 rebandadas de pan torrado ou sen torrar
  • 4 lascas de salmón curado
  • 2 pementos de piquillo asados
  • 4 lombos de anchoa en aceite
  • 1 dente de allo

Descrición

  1. Dámoslles unha volta na tixola con aceite ós pementos asados engadíndolles un chisco de sal, azucre; partímolos ó longo e reservamos.
  2. Cortámo-lo dente de allo moi miudiño e fritímolo na tixola para douralo sen que se queime.
  3. Pomos enriba do pan e neste orden, unha lasca de salmón, medio pemento asado, unha anchoa e empoamos co allo dourado.

Notas

• Para que non se nos queime o allo, sendo tan miúdo, metémolo nun coador de arame e cando o aceite estea quente pomos o coador co allo dentro do aceite e en canto vexamos que empeza a dourar sacámolo a escape.

Tempo: 8 minutos

Tapas: 4

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.

Seguinte páxina »