9 Dec 2009
Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Bacallau con couve-flor
Publicado por crisanto || Sen Comentarios
Receita: Bacallau con couve-flor
Ingredientes
- 1 kg. de bacallau
- 1 couveflor
- 6 patacas medianas
- 4 dentes de allo
- aceite de oliva
- pemento doce
- sal
Instructions
- Desalgámolo bacallau póndoo a remollo 48 horas e cambiando a auga cada 12 horas.
- Limpámola a couveflor, cortámola en ramalletes. Pelámolas patacas e cortámolas en anacos.
- Cocemos ámbalas dúas en abundante auga con sal e un chorriño de vinagre.
- Pasados 10 minutos engadímoslles as talladas de bacallau e deixámolo cocer ata que estea feito (10 minutos máis).
- Logo disto escoamos e reservamos.
- Namentres nunha tixola con aceite douramos o allo en lascas e retirámola tixola do lume para que arrefríe antes de botar o pemento, doce ou picante segundo o gusto, removendo ben, incorporando logo 1-2 culler da auga da cocción do bacallau.
- Pomos nunha fonte o bacallau, a couveflor e as patacas e regámolo todo co rustrido
Tempo: 30 minutos
comensales: 8
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.





Sen respostas a “ Bacallau con couve-flor ”