25 Feb 2010
Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Crema de grelos con chourizo
Publicado por crisanto || Sen Comentarios
Recipe: Crema de grelos con chourizo
Ingredients
- 2 mañuzos pequenos de grelos
- 1 chourizo caseiro
- 1 litro de caldo de carne
- 1 cebola
- 1 dente de allo
- 1 pataca mediana
- Aceite e sal
Instructions
- Picámo-la cebola mailo allo e dourámolos nunha pota cun pouco aceite.
- Cando estea dourada a cebola engadímoslle a metade do chourizo cortado en anacos pequenos.
- Engadímoslle o caldo e deixamos cocer.
- Namentres, limpámolos grelos e cocémolos xunto coa pataca cortada no decurso de 20 minutos.
- Escoámo-los grelos maila pataca e botámolos no caldo que xa estaba a ferver e deixámolo ferver 5 minutos máis.
- Logo disto triturámolo co batedoiro eléctrico e coámola crema, dándolle logo o punto de sal. Canto máis fino sexa o utensilio de coar máis suave quedará a crema.
- A outra metade do chourizo cortámola en cadradiños e dámoslle unha pequena fritidela na tixola.
- Ó servila crema pomos uns cadradiños de chourizo en cadanseu prato e un fío de aceite cru para adornalo.
Duración: 45 minutos
Comensais: 6 persoas
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.





Sen respostas a “ Crema de grelos con chourizo ”